Saltar navegación

Que viaxa en cada bus?

Precoñecemento

Clasificación Decimal Universal (CDU) é un sistema estandarizado polo que se distribúen todos os documentos relacionados co coñecemento humano en 10 categorías que, á súa vez, vanse subdividindo noutras 10 categorías (e así sucesivamente), na medida en que se precisa maior concreción.

Para as bibliotecas escolares abonda sen embargo cunha versión menos complexa, o que chamamos unha CDU simplificada. Coma a dos autobuses.

Na biblioteca da Vaca Pepa utilizamos a versión ilustrada por Óscar Villán, que fai máis doado atopar os documentos que necesitamos.

Vexámola premendo en cada bus!